‘Esiximos a Mar que aclare as contas da Confraría de Cambados’

    cig_confraria_cambados_100_140710.jpg VILAGARCÍA> O delegado de CIG-Mar, Xabier Aboi, denuncia a existencia de negocios fraudulentos no pósito, e pide á consellería que abra unha investigación.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_CONFRARIA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
     
    Ata tres mil euros ó mes poderían ter entrado na Confraría de Cambados para pagar a vixilancia de bateas particulares. Este é o contido dunhas das denuncias presentadas xa ante a consellería do Mar, na que se dan conta das supostas irregularidades que se están a cometer no pósito cambadés. Veno de dar a coñecer o sindicato CIG Vilagarcía. A última das denuncias foi presentada o pasado 13 de maio por un membro do cabildo ante a Xunta de Galicia. P
     
    ero segundo a CIG, as supostas ilegalidades irían máis aló do financiamento destas actividades de vixilancia. Para reforzar os seus argumentos, a Confederación Intersindical engadíu que hai preto dun mes, no informe publicado polo Tribunal de Contas sobre a Confraría, xa se advertía a existencia de movementos pouco claros. De aí que tamén o sindicato actuase presentando un escrito na Xunta no que demanda á carteira de Rosa Quintana que interveña de inmediato.
     
    Desde a CIG eluden dar nomes pero si esixen á consellería do Mar abra unha investigación sobre a situación da confraría cambadesa e se achegue ó Salnés para dar conta do resultado.
     
    Redacción Salnés