Pet Select implanta un innovador proceso de envasado en cartón para reducir a pegada ecolóxica

A POBRA> A empresa Pet Select da Pobra ampliará as súas instalacións cunha nova planta de produción no polígono boirense de Espiñeira. O proxecto, cun investimento superior ós 20 millóns deeuros, contará cunha axuda do goberno central para a promoción da economía circular.

A subdelegada do goberno na provincia da Coruña visitaba esta mañá as instalacións da empresa Pet Select na Pobra que vén de resultar beneficiaria dunha axuda de 4’4 millóns de euros no PERTE de Economía Circular.

O obxectivo da empresa especializada en alimentación de mascotas é ampliar as súas instalacións cunha nova planta no polígono de Espiñeira, en Boiro. Ademais de incrementar a súa capacidade produtiva, a  nova factoría permitirá reducir a pegada de carbono grazas a un innovador proceso de envasado en cartón.

O investimento ascende a máis de 20 millóns de euros e o prazo temporal apunta a finais de 2025 para  a súa posta en marcha,