RIANXO> O candidato socialista á alcaldía de Rianxo e o secretario de organización do partido mantiveron un encontro cos membros da plataforma polo centro de día. Alí informaron da posta en marcha dun proxecto para crear un centro integral dirixido a persoas maiores.
O Partido Socialista comprometeuse a impulsar un centro integral para a atención ás persoas maiores en Rianxo. Así lo transmitiron o candidato á alcaldía, Óscar Rial, e o secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, ós membros da plataforma polo centro de día cos que mantiveron un encontro a pasada tarde. Esta nova instalacións, prevista na parcela anexa ó IES Félix Muriel, contaría cun módulo para residencia, un área terapéutica e unha terceira parte para uso social.
A este respecto, o secretario de organización destacou a importancia de impulsar este proxecto que reúne as señas de identidade socialista como son a protección social e a preocupación polos maiores.