![]()
RIBEIRA> Iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas entre os clientes, veciños e foráneos da localidade para esixir unhas infraestruturas de traballo máis dignas.
Pódese dicir que na praza de abastos de Ribeira o que hai dabando é bo peixe e ademáis moita paciencia, a que teñen os praceiros que levan anos reclamando a construción dun novo edificio.
{flowplayer}barbanza/sinaturapraceirasribeira.flv{/flowplayer}
O actual ó que diariamente acuden a traballar ten máis de corenta anos e moitos estragos causados polo paso do tempo. Hai uns meses, os vendedores xa denunciaron desprendementos no teito. A falta dun sistema de aire acondicionado e calefacción fai que teñan que soportar un intenso frío en inverno e moita calor en verano. Ademáis a existencia de barreiras arquitectónicas e a estreiteza entre os postos dificulta o tránsito de clientes.
Solidariedade dos clientes
Por este motivo, esta semana iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas entre a clientela. Buscan presionar o goberno local para que materialice o anunciado proxecto no recinto portuario. De momento, ducías de clientes xa se sumaron a esta iniciativa porque consideran que se trata dunha demanda xusta.
Non é a primeira vez que as praceiras realizan esta campaña de recollida de sinaturas para reclamar a construción dun novo recinto. O pasado ano conseguiron reunir máis de dúas mil firmas. Agora, espera superar esta cifra. Con todo, non teñen moitas esperanzas en que polo de agora mude a situación.
O que si agradecen é o apoio cidadá perante a súa problemática e lembran que malia as carencias do edificio o peixe de Ribeira segue a manter a súa calidade.
Redacción Barbanza








