Pacientes de diálise reclaman ser atendidos no Hospital do Barbanza

RIBEIRA> A plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza volve denunciar os problemas no funcionamento do servizo de diálise do hospital comarcal. Na actualidade, a unidade permanece pechada dúas tardes á semana obrigando a varios pacientes a desprazarse ata Santiago para recibir o tratamento.

Tres dos pacientes afectados por esta situación veñen de solicitar unha xuntanza coa xerente da Área de Xestión integrada de Santiago para demandar a apertura a tempo completo da unidade de diálise.

Para os enfermos, o traslado a Santiago supón unha complicación máis da enfermidade posto que se someten a sesións longas, dunha media de catro horas, das que saen moi cansos.

Unha situación similar padeceu o pai de Lola que durante case un ano tivo que dializarse en Santiago. Agora, tras conseguir ser atendido no Barbanza, a súa filla relata o positivo do cambio. 

Non é a primeira vez que a plataforma se fai eco desta problemática xa que ten demandado en numerosas ocasións a contratación de persoal que permita a apertura do servizo ó cen por cento. Do mesmo xeito, continúan a incorporación dun psicólogo a tempo completo na unidade de saúde mental.