O GAEM de Ribeira realizou unhas 411 intervencións en 2020

RIBEIRA> Máis de 411 intervencións. Este é o balance das distintas actuacións realizadas polo Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira durante o pasado ano 2020. Segundo o alcalde, Manuel Ruíz, esta alta cifra de operativos realizada evidencia a importancia deste equipo e o bo traballo que fai.

O alcalde, Manuel Ruíz, fixo balance das intervencións realizadas polo Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal durante o pasado ano 2020. A cifra de actuacións ascende a 411. Un número o suficiente alto que evidencia a importancia e o labor que desenvolve este equipo.

O alcalde referiuse ademais que o Concello traballa no proxecto de remodelación da nave de Frións na que se situará a futura sede do Grupo Municipal de Emerxencias que levará o nome de Manuel Dieste Mos, en homenaxe ó fundador da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil na localidade.

Aproveitouse tamén o acto para presentar a nova dotación de material que o Concello vén de recibir da Xunta de Galicia, a través da consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Concretamente unha furgoneta e unha tenda de campaña que servirá como posto de mando avanzado ou PMA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí