O Concello pon en marcha un dispositivo de seguridade polo Albariño

    seguridade_albarino_copy100.jpgCAMBADOS> Con motivo do inicio das Festas do Albariño púxose en marcha un Plan de Seguridade para garantir que a 58ª edición se realice con normalidade. Unha das accións será o corte ó tráfico de varias rúas da localidade.

    {flowplayer}images/salnes/DISPOSITIVO_SEGURIDADE_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    Este dispositivo especial de seguridade está estructurado en tres eixes fundamentais: a seguridade pública, a sanitaria e a vial. Este último vai a consistir no peche de varías rúa durante os días de festas. Todo co obxectivo de que o Albariño se celebre con total normalidade, nuns días durante os que se concentrarán máis de duascentas mil persoas.

    Os veciños da localidade confesan que o feito de que se corten varias rúas durante os días das festas é molesto pero recoñecen que é necesario se queren gozar dunha nova edición do Albariño.

    Dentro deste dispositivo, no que está a traballar un total de cento corenta profesionais, hai un apartado dedicado ó ámbito sanitario que consistirá no reforzo do persoal médico para atender tódalas urxencia que poidan xurdir.

    Por último, o Comisario Xefe da Policía Local pide a colaboración cidadá polo que os que se acheguen ata a festa teñan paciencia ó circular e se divirtan de maneira saudable.

    Redacción Salnés