![]()
SALNÉS> A taxación inicial ascende ós oito millóns de euros entre os que se atopan o Pazo de Vista Real, en Vilanova, pisos de luxo, 8 bateas e 32 prazas de garaxe.
{flowplayer}images/salnes/SUBHASTA BENS CHARLINS.flv{/flowplayer}
Entre o 5 e o 19 de outubro a familia dos Charlíns enfrontarase á perdida definitiva de grande parte do seu patrimonio tras ser incautado no ano 2003. Unha sentencia da Audiencia Nacional que condenara a 14 dos seus membros por un delito de branqueo de capitais procedente do tráfico de drogas, tamén decretara o comiso dunha serie de bens. No ano 2008, ordenouse que se iniciase o proceso de liquidación do patrimonio intervido. 7 anos despois sairá a subhasta por un importe duns oito millóns de euros.
É a primeira vez que a Axencia Tributaria se encarga da administración de bens incautados por outro órgano. Neste caso, segundo Luis Pazos, o compromiso deste organismo contra o narcotráfico fixo que se fixeran cargo desta labor. Deste xeito, o delegado da Axencia Tributaria confesa que con todos estes bens incautados conséguese un novo golpe ó narcotráfico. Despois desta subhasta, haberá unha segunda na que estarán outros bens incautados ós Charlíns coma son unhas terras situadas en Portugal.
Con isto, daríase por finalizado o proceso relativo a esta sentencia, que xa comezara no ano 2003. Na subhasta poderán participar todos aqueles que o desexen ben no acto público na propia delegación Especial da Axencia Tributaria en A Coruña ou ben a través de internet.
Redacción Salnés









