No xacemento arqueolóxico pódese ver un Castro da Idade de Ferro

    excavacion_copia100.jpgSANXENXO>  As escavacións ó carón da Hermida da Lanzada desvelaron tamén unha necrópole do século III.

    {flowplayer}images/salnes/ESCAVACIONS_ARQUEOLOXICAS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    As primeiras escavacións deste patrimonio arqueolóxico datan do século dezaoito cando o Padre Sarmiento deu conta deste descubrimento. Sería esquecido ata os anos cincuenta cando se reiniciaron as escavacións por parte do Museo de Pontevedra ata finais dos setenta. Paralizadas de novo pero hoxe, despois de máis de trinta anos, volven rexurdir.

    Desde o reinicio da escavación deste xacemento atopáronse máis de cinco mil fragmentos de cerámica, moedas e vidro romano e ata restos óseos.

    Este traballo enmárcase dentro do proxecto Pousadas e no que están a traballar máis de vinte persoas. O obxectivo principal recuperar este ben social e facelo accesible a tódalas persoas.

     As labores de escavacións completaranse nos vindeiros meses coa conservación e integración dos restos no Museo de Pontevedra para que poidan ser visitados polo público. Ademais, a través do videolog alanzada.wordpress.com pódense seguir en tempo real tódolos traballos da escavación.

    Redacción Salnés