RIBEIRA> O concello de Ribeira segue dando pasos de cara a mellora dos servizos básicos nas diferentes parroquias.
É o caso da actuación levada a cabo nos últimos meses en Carreira, na rúa da Capela, no entorno da capela da Guía.
As obras, incluidas no plan complementario ó POS+2023, aprobado pola Deputación da Coruña, tiñan coma finalidade a renovación da rede de abastecemento de auga e de recollida de pluviais.
Esta actuación vai aparellada tamén a outra obra importante que se desenvolve nesta mesma parroquia que permitirá tamén a renovación do servizo de auga na estrada xeral.
Pero estas obras non serán as últimas nesta parroquia, pois está pendente tamén de acometer a instalación da cuberta no parque infantil existente a carón do centro social.