Noia organiza un festival de patinaxe en apoio a Fundame

NOIA> O pavillón Agustín Mourís de Noia acollerá este domingo un festival benéfico de patinaxe. Os fondos recadados irán destinados a apoiar o labor de investigación da Fundación de Atrofia Muscular Espiñal.

O Club Noia Patín e o concello van da man na organización deste festival solidario que busca recadar fondos para a Fundación Española de Atrofia Muscular Espiñal.

Os interesados en colaborar na investigación desta enfermidade rara para que Andreas e outros moitos afectados poidan mellorar a súa calidade de vida poden adquirir xa as súas entradas. A exhibición dará comezo unha ás cinco e media.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí