Novos peches de polígonos de bateas a consecuencia da marea vermella

    BARBANZA/MUROS-NOIA>O sector bateeiro volve a vivir con gran preocupación un novo peche de polígonos a consecuencia da marea vermella. A presenza da toxina, que coa chegada de setembro parecía remitir, volve agora a recrudecerse e mantén parada case por completo a produción de mexillón. Na ría de Arousa tan só se pode traballar en dúas zonas, mentres que na ría de Muros-Noia afecta a súa totalidade. Con gran pesimismo recibía o sector mexilloeiro as últimas análises do Intecmar, que esta mesma mañá obrigaba ó peche de tres novos polígonos da ría de Arousa, polo que tan só se pode traballar actualmente en dúas zonas desta Ría. Máis grave a situación cara ó norte. Na ría de Muros-Noia está prohibida a extracción do molusco en tódolos polígonos, así como tamén practicamente todo o marisqueo. A marea vermella tamén afecta a varias zonas de marisqueo na ría de Arousa, especialmente nas augas exteriores da Ría.