O PP da Pobra denuncia o mal estado do paseo da Pedra da Moura

POBRA> O PP da Pobra denuncia novamente o mal estado no que se atopa a pasarela de madeira do paseo da Pedra da Moura.

A estrutura está totalmente deteriorada polo paso do tempo. Nalgúns tramos fáltanlle táboas e parte da varanda está caída…poñendo en serio risco a seguridade das persoas que poidan transitar polo paseo.

Dende O PP cargan contra o executivo local, ó que acusan de deixadez e falla de xestión, por non acometer as labores propias de mantemento desta infraestrutura durante estes anos.

Para os populares a situación é ademais preocupante, xa que estamos ás portas da temporada estival, e a imaxe que se está a deixar do municipio, segundo eles, deixa moito que desexar.