Rivera Mallo non descarta unha candidatura conxunta con Fole

    rivera_mallo_copy100.jpgVILAGARCÍA> IVIL non pecha a porta á presentación dunha candidatura conxunta co PP para as eleccións muncipais. José Luis Rivera, asegurou que non se está tratando esta cuestión cos populares. IVIL  prepara a súa campaña.

    {flowplayer}images/salnes/RIVERA_MALLO.flv{/flowplayer}

    Segundo José Luis Rivera, os contactos co PP de Vilagarcía remóntanse ás pasadas eleccións autonómicas. O voceiro independente asegurou que nestes momentos a única información que ten sobre o tema é a vertida polos medios, xa que no seu partido non se están a producir conversacións cos populares nesta liña. Aínda que non pechou a porta a esta posibilidade, Rivera mantén que esa é unha decisión de todos os militantes de IVIL.

    Pola contra, Ivil xa ten en marcha o seu mecanismo electoral para os próximos comicios, cunha campaña que estará marcada pola austeridade. Os independentes pensan que a actual situación de crise do concello pode favorecerlles nos resultados.

    Rivera tamén se referiu ós orzamentos do concello. Segundo o voceiro, o seu partido aínda non conta cos documentos necesarios para o estudo en profundidade das cifras, uns datos que xa foron solicitados hai case dúas semanas ó goberno local. A estas alturas non existe unha data fixada para o debate orzamentario, unha circunstacia que Ivil calificou de fraude ós cidadáns.

    Redacción Salnés