A ILLA> A Illa de Arousa adquire unha novo moto para a súa policía local. O vehículo tivo un custo de máis 12 mil euros financiados entre o concello e a xunta. A nova adquisición permitirá aos axentes controlar as zonas máis rurais do municipio.
A policía local da Illa de Arousa conta dende hoxe cun novo vehículo. O concello, a través dunha subvención do fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia, adquiriu unha moto para o seu corpo de policía. O ciclomotor tivo un custo de 12 300 euros.
A moto é unha yamaha tracer 700.
A policía local da Illa polo de agora só contaba cun coche. Esta moto permitirá aos axentes cubrir máis terreo e chegar ás zonas máis rurais do municipio.
O corpo de policía da Illa está formado polo oficial xefe, un axente e un auxiliar. O plantel vese ampliado no verán con dous auxiliares máis ante a gran cantidade de visitantes que recibe a vila. A nova adquisición permitirá aos axentes desdobrar os equipos e así poder velar pola seguridade do concello.