Zona Aberta sortea unha fin de semana para dúas persoas polo Día da Nai

VILAGARCÍA> Xa está en marcha a campaña do Día da Nai en Zona Aberta de Vilagarcía. Os comerciantes e hostaleiros da cidade sortean unha fin de semana para dúas persoas entre a súa clientela.

Todo para animar as vendas desta campaña tan importante para o comercio de proximidade, pero tamén para a hostalería, xa que o domingo -Día da Nai- é tamén unha xornada clásica para ir comer fóra ou, cando menos, baixar tomar algo.

As persoas poden participar neste sorteo a través dos seus tickets de compra. O gañador darase a coñecer o vindeiro día 6 de maio.