Os socialistas consideran a Pazos como responsable da ruptura

    cuntis_copy100.jpgCUNTIS> Suxiren que Belén Pazos, voceira do BNG, artellou pola súa conta a abstención dos nacionalistas na votación dos orzamentos para o 2010, e dubidan de que todos os membros do grupo estivesen conformes con esta decisión.

    {flowplayer}images/salnes/REMODELACION_GOBERNO_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    Ó grupo municipal do PSOE en Cuntis agárdanlle dez meses de goberno en solitario e en minoría. Desde a formación insisten en que os responsables de que se rompese a alianza asinada no 2007 co BNG local, foron os nacionalistas, ó non respectar un dos puntos base dese acordo.

    A abstención no pleno do venres dos tres edís do BNG fixo que os orzamentos saísen adiante co único apoio do socialistas máis o voto de calidade da alcaldesa, Fátima Monteagudo. Os nacionalistas xustificaron a súa postura alegando que as contas non estaban avaladas pola Interventora. Un argumento que o socialistas desbotan.

    Por iso ó partido socialista de Cuntis lles colleu por sorpresa a abstención do BNG, sobre todo, din, despois de debater durante meses os orzamentos, un tempo no que o único escollo, din, o puxo a voceira nacionalista.

    Eses compromisos eran o centro de día e a pista de atletismo. Agora os cinco edís do partido socialista asumirán as competencias dos tres edís do BNG, Cultura e Deportes, carteira que xestionaba Belén Pazos, Benestar, a cargo de Serafín Escariz e Medio Rural e Industria, responsabilidade do nacionalista Manuel Ferreiro.

    Redacción Salnés