O Salnés non acolle de bo grao a subida de taxas xudiciais

    O SALNÉS> O Goberno Central ven de aprazar a entrada en vigor prevista para hoxe das novas taxas xudiciais

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_taxas_xudiciais.flv{/flowplayer}

    … á espera de que se regule este procedemento e os impresos de autoliquidación. A aplicación destes novos pagamentos comezaría a aplicarse hoxe mesmo, quedando agora postergado unhas semanas.

    A cidadanía das Rías Baixas acollía esta mañá a nova sen medias tintas. A maior parte dos veciños da Arousa enquisados confesan non coñecer polo miúdo o contido desta reforma posto que non agardan que lles vaia a afectar directamente; ou ben porque están cansos de tanto recorte.

    Entre os que si coñecen en maior ou menor medida esta suba de taxas non hai indeterminación: hainos que están a favor por entender que é unha medida necesaria para desconxestionar os xulgados despois dun abuso do Sistema; e pola contra os que entenden que vai a supoñer un chanzo máis na separación de clases.

    Con todo, os eidos nos que máis está a levantar ampolas esta normativa son os sociais e laborais e tamén no referente á violencia de xénero. Pídese unha reforma urxente nas lagoas que aluden ós temas máis sensibles para a poboación.

    A diferencia básica desta nova lei de taxas é que agora as persoas físicas tamén pasan a pagar nos ámbitos civil e no contencioso. Agora ninguén se beneficiará da exención anterior salvo os beneficiarios da xustiza gratuíta, ós que polos seus reducidos ingresos poidan ter deito ás quendas de oficio.

    Amais esta é a primeira vez que se impoñen prezos na xurisdicción social.

    Redacción Salnés