O PSdeG volveu elixir Rianxo para a celebración do Día de Galicia

RIANXO> Rianxo foi escenario un ano máis da celebración do Día de Galicia por parte do PsdeG-PSOE. Ante o busto de Castelao, no paseo da Ribeira, déronse cita centos de simpatizantes e militantes desta formación política, encabezados polo seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro.

Comezou a súa intervención cunha emotiva lembranza para as vítimas do naufraxio nas illas Malvinas, para quen pediu un minuto de silencio.

Tamén lembrou a Castelao,, a quen segundo el, Galicia tanto debe, pois mantivo acesa a luz dunha Galicia esperanzada incluso nos momentos máis escuros.

Con anterioridade, como é tradición, realizouse tamén a ofrenda floral ó pé da estatua do intelectual galeguista, na que Besteiro estivo acompañado do secretario xeral da Agrupación Socialista de Rianxo, Óscar Rial.