O Amegrove queda oitavo no Campionato de España

plantilla_deportesamegrove.jpgSALNÉS> Amegrove Interrías non puido pasar do  8º posto no Campionato de España, celebrado esta fin de semana en Cantabria. Era o único equipo amateur, pero ofreceu un moi bo nivel. Agora o obxectivo, é gañar a Liga Galega.

{flowplayer}images/salnes/AMEGROVE.flv{/flowplayer}

Amegrove Interrías viviu durante toda a semana moi ilusionado pola súa participación no Campionato de España de Traíñas. Pese a quedar en oitava posición, o equipo ofreceu unha gran imaxe, competindo coas mellores embarcacións da Liga ACT.

O presidente da entidade apunta que só estar nesta celebración xa supón un gran mérito para o equipo. Manuel Fandiño, recoñece que soñaban con lograr algo mellor, pero que era difícil loitar contra equipos que están a un nivel moi superior, xa que era un equipo amateur competindo contra profesionais. Nada puido facer Amegrove Interrías para enfrontarse á traíña vasca Kaiku, que conseguiu o seu quinto Campionato de España, o segundo consecutivo. O Tirán conseguiu situarse terceiro.

Pese a todo Amegrove está completando unha tempada antolóxica. Ademais da súa clasificación para o Campionato de España, está previsto que a embarcación participe na Bandeira da Concha, unha das probas máis emblemáticas das traíñas.

Pero antes desta celebración, os mecos teñen que continuar coa Liga Galega, onde o equipo ocupa a segunda posición, con grandes posibilidades de facerse co título. Esta fin de semana, se disputan dúas das seis proban que restan, en Meira e en Rianxo. Precisamente co Meira, é coa embarcación coa que Amegrove se están xogando a primeira praza.

Sen embargo, non pode perder de vista ós barcos de Cabo da Cruz e Chapela, que veñen pegando moi duro e a competición está moi igualada.

Redacción Salnés