Boiro e Compostela veranse as caras nun torneo en favor da Cruz Vermella

BOIRO> Deporte e solidariedade volverán ir collidos da man coa disputa do trofeo Concello de Boiro-Carlos Muñiz. O encontro, enfrontará ó equipo local, o CD Boiro, que milita na Terceira División e á SD Compostela, de Segunda División B. Todo o recadado no partido irá destinado á Cruz Vermella. Dende o concello aplaudiron tamén esta iniciativa cun marcado carácter solidario. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, fixo un chamamento á veciñanza non só de Boiro senón tamén da comarca a asistir ó mesmo e colaborar nesta boa causa. O horario do partido está fixado para as catro e media da tarde no municipal de Barraña. A entrada terá un custe de cinco euros.