Vigo-Combarro, primeira etapa da Regata Martín Códax

plantilla_deportes_copiaregata.jpgPOIO> O venres, 13 de agosto, comeza a regata por etapas máis importantes de España. Na súa primeira etapa,partirá de Vigo con destino Combarro, a novidade deste ano.

{flowplayer}images/salnes/REGATA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

O venres á unha e media darase en Vigo, darase o pistoletazo de saída á corenta e sete edición da Regata Rías Baixas Martín Códax. Nesta primeira etapa, recorreranse 19,3 millas ata chegar ó Porto deportivo de Combarro, en Poio. Esta escala é a novidade do calendario deste ano. Por iso, dende o Concello de Poio están moi orgullosos de poder recibir ós 120 barcos que van disputar esta regata tan imporante a nivel nacional.

Dende o Real Club Náutico de Vigo, agradecen o apoio do concello para albergar esta etapa e aseguran que é unha zona digna para mostrar ó resto do país. Especialmente, neste ano no que, ademais, se está a celebrar o centenario realización de regatas nas Rías Baixas.

Para os responsables do Porto Deportivo de Combarro é un honor recibir a esta regata nunhas instalacións que apenas teñen dous anos.

Os organizadores da regata esperan contar con Combarro para a celebración do ano que ven. Nesta edición, os participantes tamén poderán gozar dos concertos do Rock Armadiña, que se vai celebrar o venres á noite.

Redacción Salnés