Sanxenxo homenaxea á poetisa Emilia Pardo Bazán

EMILIA_PARDO_BAZAN copy.jpg SANXENXO> A xornada incluiu charlas sobre a traxectoria da escritora, descubriuse unha escultura conmenotariva e pechou cun concerto.

{flowplayer}images/salnes/XORNADAS EMILIA PARDO BAZAN.flv{/flowplayer}
 
A homenaxe dedicada á figura de Emilia Pardo Bazán comezou pola mañá cunhas xornadas tituladas ‘Unha muller do seu tempo’ da man do Académico da Lingua Darío Villanueva. Un día máis que merecido, tal e coma explicaba a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, pola súa labor a prol da cultura galega e os dereitos das mulleres.
 
Ademais, ó son do himno galego a alcaldesa xunto ó Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, descubriron unha escultura conmemorativa da escritora, realizada polo artista Carlos Salas. Escultura que ovacionaron tanto Catalina González coma Roberto Varela.
 
A homenaxe rematou co concerto da Orquestra Sinfónica de Melide xunto a Coral Polifónica O Eco da Coruña no que interpretarán a “Antoloxía da Zarzuela” na Praza Fonte de Ramos de Sanxenxo.
 
Redacción Salnés