Milleiros de afeccionados na concentración moteira de Noia

concentracionmotosnoia.jpgNOIA> O completo programa de actividades conseguiu congregar na zona de Labarta a máis de catro mil visitantes.

A vila de Noia viviu esta fin de semana baixo o rebumbio dos motores da concentración moteira organizada pola Asociación Mototurística Ría de Noia.

O día de máis actividades foi o sábado das que puideron gozar os que se achegaron ata a zona de Labarta. Ambientación musical dun DJ, carreiras de minimotos e karts de competición, actuación de trial, exposición de motos de circuito e un taller de tatuaxes chamaron a atención dos visitantes. Para os inscritos na concentración, banco de potencia e roteiro turístico polo concello de Porto do Son e Negreira.

{flowplayer}barbanza/concentracionmotosnoia.flv{/flowplayer}

Pola tarde, exhibición acróbática do piloto de BMW Narcis Roca e a noite desfile de fachos polas rúas da zona vella en lembranza dos pilotos falecidos na estrada. O domingo, de novo, carreiras e xogos para os máis intrépidos e visita ó concello de Outes. Tamén houbo unha exhibición de automodelismo a cargo da asociación deste deporte na Barbanza.

Actividades para todos os gustos que congregaron en Labarta máis de catro mil persoas ó longo das xornadas que durou esta concentración moteira. Ademáis a asociación Ría de Noia sorteou unha moto Kawasaki entre os asistentes. Un rotundo éxito que permitirá que a concentración teñan continuidade no futuro.

Redacción Barbanza