Amegrove dá un paso de xigante para a consecución do título

SALNÉS> Os de Porto Meloxo fixeron dobrete esta fin de semana: gañaron o sábado en Rianxo e onte impuxéronse en Moaña. Xa son nove os puntos que lle saca o seu máximo rival, Samertolameu de Meira.

Fin de semana redondo para Amegrove que xa ve o título de liga máis preto. Os de José Ángel Cambados completaron dúas grandes regatas, gañaron ambas e aproveitáronse do mal momento de Meira para abrir cos moañeses nove puntos de vantaxe.

O sábado en Rianxo o vento foi o protagonista. Non se tivo novas del ata a quenda dos favoritos o que fixo que dende a terceira quenda Mecos e Perillo se colaran cos seus tempos entre os mellores. Despois, tan só Amegrove e Cabo da Cruz melloraron os seus cronos.

Mentres, Meira tíñase que conformar coa quinta praza. Onte, ante a súa afección, os de Ferral partían como favoritos. Pero pesoulles a mala actuación do día anterior e sobre todo o tempo que perderon nunhas viradas nefastas que lles relegaron ó sexto posto.

Amegrove foi ó seu, e ninguén lle puido seguir. Tan só Cabo de Cruz que sumou outro segundo posto que lle serve para meterse terceiro na xeral. Os boireses chegan ó final de liga nun gran momento de forma. Tamén Mecos, que tras ser terceiros en Rianxo onte finalizaron quintos pero a pouco dos mellores. Vilaxoán, máis irregular, puido superar a Perillo e ser séptimos logo do décimo posto do sábado.

Pola zona baixa, Esteirana sumou un 9º e un 13º, Puebla mantivo a súa liña regular de resultados, mentres que Rianxo superou ás Xubias e abandonou o posto de pechacancelas cando restan tan só catro probas puntuables.

A fin de semana que ven a competición trasládase o sábado a Ferrol, mentres que o domingo fará a súa parada en Boiro.

Redacción Salnés