BOIRO> No documental, realizado por Pablo Chouza, recóllese a historia do Club de Remo Cabo de Cruz.
A concellería de Cultura de Boiro organiza para este próximo domingo a estrea do documental ‘Maraxe’, unha produción do fotógrafo local Pablo Chouza que recolle a historia do Club de Remo de Cabo de Cruz dende os seus inicios, hai corenta anos. A proxección terá lugar ás nove e media da noite, no aparcadoiro da lonxa crucense.
A capacidade do recinto estará limitada debido á normativa covid, polo que os interesados en asistir deberán realizar reserva previa a través da propia web do Concello.