O BNG solicítalle ó alcalde que retome as xestións para a ampliación de Neixón

    BOIRO> Os nacionalistas denuncian o estado de abandono no que se atopa actualmente a primeira fase do proxecto deste Centro. A crise económica e o cambio de cor política, primeiro no Goberno central e posteriormente no Concello, deixaron en vía morta o proxecto de ampliación do centro Arqueolóxico. Hoxe sete anos despois o estado que presenta a primeira fase dese proxecto, só chegou a realizarse a cimentación do edificio que tiña como principal finalidade ampliar considerablemente a capacidade de acollida do centro, dista moito do que se pretendía. Por esta razón o BNG pretende que o executivo acometa unha actuación de urxencia que permita mellorar a seguridade do entorno e tamén o seu aspecto coa limpeza da vexetación e a maleza existente. Segundo os nacionalistas o centro sería un elemento vital para a conservación, coidado e mesmo arquivo da importante riqueza arqueolóxica existente na comarca. Dende o BNG pídenlle tamén ó equipo de gobernó que realice as xestións oportunas diante das distinstas Administración co fin de recadar os fondos necesarios para darlle continuidade ó proxecto.