RIANXO> Uns trescentos mariscadores comezarán este xoves a traballar nas concesións da confraría de Rianxo. O pósito decidiu abrir as autorizacións ante a sobreexplotación dos bancos de libre marisqueo.
Os mariscadores rianxeiros volverán mañá a traballar na zona do río. Coa reapertura das autorizacións pretenden aliviar a presión sobre os bancos de libre marisqueo e centrarse na extracción de ameixa babosa para recuperar o mercado desta especie.
Dende que se decretara o estado de alarma, o sector marisqueiro tivo que facer fronte a unha forte caída da demanda derivada principalmente do peche dos restaurantes.
Precisamente, a evolución dos prezos e o comportamento do mercado determinará o desenvolvemento da campaña, que se irá regulando de xeito semanal.