A Pobra sacará a cultura á rúa

    POBRA> A cultura toma a Pobra esta fin de semana. O concello organizou a primeira feira cultural na que se dan cita literatura, arte, música e deporte. Tódalas actividades terán lugar ó aire libre, en espazos públicos. A primeira feira cultural, que se desenvolverá de venres a domingo na Pobra, dividirase en tres partes. Cada un dos departamentos municipais encargouse do deseño da súa propia actividade dando como resultado un encontro do máis rico e variado cunha oferta de ocio para tódolos públicos. Dende o museo Valle Inclán organizaron os encontros literarios nos que participarán escritores da talla de Miguel Mosqueira, David Pobra ou Carlos Mosteiro entre outros. O sábado a alameda converterase nunha gran sala de exposicións coas obras de dezaseis pintores e seis escultores. Haberá ademais un obradoiro de esmalte e outro de retratos. Desenvolverase paralelamente unha xornada de xogos populares, coordinada polo departamento de deportes. Tamén se enmarca nesta programación o festival Interritmos promovido pola asociación Deloa no que participarán diversos grupos de música tradicional. Terá lugar o sábado a partir das oito e media. O domingo instalarase un expositor nos xardíns Valle Inclán onde intercambiar libros e experiencias. Os interesados en participar nesta iniciativa que leva por título historia por historia poderán recomendar os seus libros favoritos e levar, á súa vez, as obras seleccionadas por outros participantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/01/feira_cultural_pobra_0109151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/01/feira_cultural_pobra_010915.mp4{/flowplayer}