![]()
A POBRA> Durante os meses de verán esta praia urbana adoita estar moi frecuentada tanto por veciños da vila como por veraneantes.
Lles consta que a limpeza non é diaria, como si acontece noutras praias da localidade. Ademáis, os accesos son deficientes, con demasiada pendiente que non permiter baixar con seguridade. Tamén lles preocupa ós frentistas que existen varios rexistros de sumidoiros que con frecuencia desaugan na praia. Segundo afirman desta formación política, o Areal ten unha enorme potencialidade que o goberno local se empeña en non favorecer dotándoa de servizos máis adecuado, equiparables o resto de praias do municipio.







