Arosa ten suspendidos os servizos federativos dende o 6

plantilla_deportesarosa_copia250.jpgVILAGARCÍA> Non puido tramitar máis licencias pola débeda con seus ex xogadores. Pode realizar  as fichas dos equipos de categorías inferiores.

{flowplayer}images/salnes/AROSA.flv{/flowplayer}

O Arosa terá que disputar a tempada cos futbolistas que xa teñan tramitada a licenza antes do seis de agosto. A medida é consecuencia da débeda que o club mantén coa gran maioría dos futbolistas que militaron no plantel durante a tempada 2008-2009. unha débeda, que está recoñecida por unha sentenza xudicial, que xa ten orde de execución, e que ascende a algo máis de 71.000 euros.

Ó marxe da vía xudicial, os futbolistas que estaban afiliados á AFE, Manu Rodríguez, Nelo, Alberto, Moncho, Valiñas e Miguel, decidiron denunciar a súa situación ó sindicato de xogadores, o que está complicando a situación do Arosa. A cantidade que a entidade arlequinada adebeda ós seis futbolistas ronda os 27.000 euros. Cifra que deberá abonar a entidade para poder recuperar a xestión dos servizos federativos. Pese a intención de Manuel Abalo de arranxar o problema con estes xogadores, as complicacións continúan adiante.

O club ten tramitadas ata o de agora, 22 licencias, polo que en principio a súa participación no campionato ligueiro non correría perigo. Nesta fichas federativas aparecen xogadores que están a proba no club e a súa presenza está no aire. Sen embargo, a necesidade de fichaxes agora está parada pola imposibilidade de tramitar as licencias. Así o acordo practicamente pechado cun dianteiro centro ten que esperar.

Onde si pode tramitar licencias é nos equipos de categorías inferiores. Unha situación que sen dúbida, suporá un respiro para os xestores do Arosa, xa que sería todo n varapao para os intereses do club non inscribir ós equipos da canteira. De feito, o avogado dos ex futbolistas entendía que a decisión afectaba ó conxunto da entidade.

Redacción Salnés