![]()
VILAGARCÍA> Son algúns dos adxectivos de Esquerda Unida para cualificar a decisión do bipartito de prorrogar os orzamentos do 2009.
{flowplayer}images/salnes/EU_ORZAMENTOS.flv{/flowplayer}
O grupo municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía coincide con PP e IVIL no diagnóstico da situación: a actual coalición de goberno vai á deriva. O seu voceiro considera impresentable que o bipartito prive á corporación do seu dereito para debater os orzamentos anuais, unha das cuestións básicas sobre as que o pleno ten capacidade de decisión. Juan Fajardo parece coñecer a explicación a esta actitude.
Desde Esquerda Unida aseguran non entender por que o goberno local realizou unha primeira rolda de contactos cos grupos da corporación para valorar as contas do 2010, se xa tiñan pensado, ou iso suxire Fajardo, que ían prorrogar as do ano pasado.
A agrupación esquerdista intentará que o bipartito responda legalmente pola decisión unilateral de suspender o debate orzamnetario. Pero antes, esixirá a PSOE e BNG que fagan constar por escrito a decisión de prorrogar os orzamentos, xa que polo de agora só contan cunha comunicación verbal.
Para Fajardo esta actitude do bipartito demostra que non ten interese por cumprir o acordo establecido con Esquerda Unida, que contemplaba a creación dunha empresa municipal de servizos que xestionara un comedor escolar global, ou facer público o parking de Xoan XXIII.
Redacción Salnés









