Os comerciantes do Salnés lanzan as súas campañas de nadal

    Fotocampananadalcopia.jpgSALNÉS> Vilanova Centro sorteará vinte vales desconto, tres cestas de nadal e trinta e cinco packs de viño Pazo Baión.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_NADAL_COMERCIANTES.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Presidente de Vilanova Centro presentou xunto ó xerente de Condes de Albarei, o Vicepresidente da Deputación e o alcalde da localidade a carteleira da nova campaña de nadal. Este ano entre as vinte mil rifas que distribuirán polos comercios do municipio sortearán vinte vales de sesenta euros, tres cestas de nadal e trinta e cinco packs de viño do Pazo de Baión.

    Para levar adiante esta campaña Vilanova Centro contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra cun cheque por valor de tres mil euros. Segundo o xerente de Condes de Albarei unha campaña que ven a dinamizar o comercio da vila.

    Zona Centro

    O sábado Cambados Zona Centro tamén presentou a súa programación para este nadal. A primeira cita será o vindeiro quince de decembro cando terá lugar o concurso de postais e seguiralle o día dezaoito coa tradicional cea baile no Parador. Ademais, sortearán cincuenta cestas. A campaña remata o día quince de xaneiro cun monólogo da man de Pepe Suevos. A recadación irá destinada á asociación Esperanza Salnés.

     Entretendas

    A Asociación Entretendas tamén presentou hoxe a súa campaña de nadal. Un total de noventa cestas, un por cada comercio asociado, valoradas en oitenta euros é o principal atractivo. Ademais, colaborarán na Gala de Nadal organizada no pazo Emilia Pardo Bazán o dous de xaneiro.

    Redacción Salnés