Os comerciantes móstranse optimistas de cara ás rebaixas de xaneiro

VILAGARCÍA> Máis optimismo teñen os comerciantes coas rebaixas de xaneiro. De feito algúns comercios xa adiantaron os descontos antes incluso da chegada do día de Reis. Dende Zona Aberta lanzarán unha campaña para atraer aos clientes.

Despois das compras de Nadal, os clientes terán un respiro nas súas compras coas rebaixas de xaneiro. Unha época na que os descontos permiten tamén aos comercios manter as vendas. Os comerciantes móstranse optimistas ante esta nova campaña de descontos.

A liberación das rebaixas de 2012, fai que algúns comercios comecen cos descontos antes do día de Reis.

A costa de xaneiro é o que leva a moitos establecementos a adiantar as rebaixas.

Dende Zona Aberta xa traballan para lanzar unha campaña coa atraer e concienciar aos clientes.

Tralos gastos de Nadal, son moitos os que xa agardan as rebaixas de xaneiro para poder mercar aquelo que quedou na lista dos agasallos. A baixada dos prezos tamén favorece a que  os clientes opten polo pequeno comercio sen necesidade de acudir ás ventas onlie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí