Rosa Quintana felicita a Portosín pola loita contra o uso da dinamita

rosiquin.jpgPORTO DO SON> Os pósitos sonenses trasladan a Mar a súa preocupación pola mellora na comercialización e a loita contra o furtivismo.

{flowplayer}barbanza/visitaconselleiradomarportosin.flv{/flowplayer}

A Conselleira do Mar visitou as confrarías do termo municipal sonense nun momento especialmente convulso no que as relacións entre os pósitos das rías de Muros-Noia non pasan polo seu mellor momento. Para reducir a tensión, o departamento autonómico está a propiciar encontros entre os catro patróns maiores para fomentar o bo entendemento e camiñar cara un sector cada vez máis unido.

Precisamente esa aposta pola unión é, dixo a titular de Mar, a clave para loitar contra a lacra que supón o furtivismo. A outra prioridade é a mellora do sistema de comercialización, de xeito que o valor engadido repercuta sobre os produtores.

Prácticas ilegais

Rosa Quintana aproveitou a súa presenza nas confrarías sonenses, enmarcadas na rolda de visitas que está a realizar por toda Galicia, para felicitar ós membros do pósito de Portosín por ter liderado a loita contra o uso de dinamita, unha práctica aínda habitual tal e como puxeron de manifesto as recentes detencións praticadas no marco da Operación Abuelo.

Esa liña, a de traballo responsable e respectuoso co medio, é a que pretende seguir a administración en colaboración con tódolos sectores relacionados co mar.

Redacción Barbanza