Vilanova sorteará 8 mil euros en vales compras coa campaña de nadal

VILANOVA> Vilanova presenta a campaña “Estamos á man” para promocionar as compras no comercio local. Os clientes recibirán un rasca sorpresa polas súas compras. Entre os premios, os establecementos repartirán 8000 euros en vales compra.

As asociacións de Vilanova Centro, Praza de Abastos e Presume de Vilanova únense na campaña de nadal “Estamos á man”. Unha iniciativa que buscar fomentar as compras no comercio local da vila. Para elo destinarán 8000 mil euros en premios rasca.

Os comerciantes agardan salvar a campaña de nadal con esta iniciativa.

A campaña conta co apoio do concello de Vilanova. Dende a administración local destinarán 12 mil euros para apoiar a iniciativa. Un apio que dende o goberno local sinalan que sería máis grande se a veciñanza aumentase as súas compras en Vilanova.

Todos os comercios de todas as parroquias de Vilanova poden sumarse a esta campaña, aínda que non pertenzan a ningunha asociacións. A campaña durará do 15 de decembro ao 16 de xaneiro, pero os vales poderán trocarse ata o día 30.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí