Os xubilados de Cambados estoupan ante o mal estado do seu local na Casa do Mar

CAMBADOS> Os xubilados de Cambados estoupan ante a situación na que está o seu local, na Casa do Mar. Denuncian que chove dentro do inmoble e que esta mesma noite volveron sufrir ese problema. Reclaman, xunto co Concello, que o Instituto Social da Mariña cumpra a súa palabra e acometa canto antes as obras prometidas. En principio, esa reforma estaba prevista para a pasada primavera.

Chove sobre mollado na Casa do Mar de Cambados. A asociación de xubilados e pensionistas da vila, que ten a súa sede nestas instalacións, está farta do estado no que se atopa o inmoble. Denuncian que coa chegada das precipitacións, volve chover dentro do local. Falan dunha situación insoportable para eles.

Os xubilados, xunto o Concello, reclaman ao Instituto Social da Mariña que cumpra coa súa palabra e acometa as obras prometidas. Uns traballos que se deberían ter executado xa hai meses.

As obras previstas a renovación da cuberta e das canalizacións. Os pensionistas apuntan que de seguir no actual estado, non poderán desenvolver alí a súa actividade.

A cotío, máis dunha vintena de xubilados danse cita nestas instalacións. Algunhas xa deixaron de ir e iso ten outras consecuencias.

Os pensionistas denuncian que hai uns catro anos que está a chover dentro do local. A maiores, sofren tamén humidades e, en consecuencia malos cheiros. Unha situación que non pasa desapercibida no Concello, que lamenta a falta de palabra á hora de tomar medidas.

O lóxico, engade Cordal, é que estes traballos xa quedasen feitos no verán, para que agora que veñen as chuvias, os xubilados puidesen gozar do seu tempo de lecer sen ter que estar coa vista posta no ceo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí