O Céltiga protestará ante a FGF pola arbitraxe contra o Pontellas

plantilla_deportesfutbolvilalonga.jpgA ILLA> Tres xogadores indispensables resultaron lesionados e Lino González non porá contar con eles para o inicio da tempada contra o Sanxenxo.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL.flv{/flowplayer}

O Céltiga vai presentar unha queixa ante a Federación Galega de Fútbol e o comité de árbitros, pola dureza do xogo do Pontellas no encontro da copa Deputación do pasado sábado. O resultado parécese máis a un parte de guerra que a un partido de fútbol. César foi operado onte da súa rotura de tibia e peroné, o que lle terá como mínimo catro meses de baixa; Nacho ten unha escordadura de xeonllo que lle obrigará a estar un mes en dique seco, iso, se non ten o menisco danado. E David sufriu un forte golpe no nocello que lle fai ser baixa segura para o primeiro partido de liga. Ó menos Lino Gallego e Darío, si se poderán recuperar tralas accións violentas dos xogadores do Pontellas que lles obrigaron a retirarse do campo.

En definitiva, o Céltiga non poderá contar con tres xogadores importantes para o partido inaugural do campionato galego, no que se vai enfrontar ó Sanxenxo. E aínda está pendente que poidan estar a disposición do adestrador Juanito, lesionado dun nocello e Ero, que aínda non disputou nin un minuto en pretempada.

Manuel Dios Martiñan non esconde o seu enfado. No escrito que van presentar fan ver o enorme prexuízo que o partido supuxo para algúns xogadores e para o club. O presidente do Céltiga sinala que nesta categoría non hai profesionais, que os xogadores teñen os seus traballos. Por iso pide ós adestradores que non presionen tanto ós seus futbolistas e ós árbitros que fagan o seu traballo e corten o xogo perigoso. De feito, Martiñán non culpa de nada ó Pontellas e si ó colexiado porque, afirma, era el o que tiña que evitar que esa situación fose a maiores. E engade que si el estivese no estadio, retiraba ó equipo do campo.

Por outra parte, o club medira fichar a un xogador que cubra o baleiro motivado pola grave lesión de César. A dúbida é se incorporar a un central ou a un mediocentro.

Redacción Salnés