Convocada unha nova edición do certame de relato ‘Avilés de Taramancos’

NOIA> Os interesados en participar neste concurso, organizado pola Casa da Gramática do IES Virxe do Mar, poderánn presentar as súas obras ata o día 13 de abril.

Esta mañá presentábase no Concello a dezasete edición do certame literario de relato de aventuras ‘Antón Avilés de Taramancos’ que convoca a Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e o propio concello noiés. A piques de cumprir xa a súa maioría idade, dende a organización, pretenden que esta edición sexa distinta ás anteriores, coincidindo ademais coa celebración do 850 aniversario da fundación da vila.

Nesta edición, a ilustración do cartel do certame foi realizada pola artista Antía Filgueiras.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 13 de abril. Os traballos presentados ó concurso deberán ter unha extensión de entre setenta mil e cen mil caracteres, ser inéditas e estar escritas en galego. O xurado emirtirá o seu veredicto o día 18 de maio.