SANXENXO> O II Sanxenxo DegustaDrink arrancará o 17 de maio e prolongarase ata o 23 de xuño cunha maior oferta que a do ano pasado.
{flowplayer}images/salnes/PtacDegustaDrink_140513.flv{/flowplayer}
Son 19 os establecementos participantes nesta segunda edición do Sanxenxo DegustaDrink, sete máis que o ano pasado, que presentarán 30 cócteles en total, con e sen alcol. Un concurso que durará cinco semanas, unha máis que en 2012, do 17 de maio ó 23 de xuño e complementará ó DegustaTapas, que se desenvolverá nas mesmas datas. O evento foi presentado hoxe alcaldesa Catalina González xunto cun nutrido grupo dos hostaleiros participantes.
Con respecto ó ano pasado mantéñense os premios. Haberá catro galardóns, dous deles outorgados por xurado profesional e outros dous polas puntuacións dos clientes, tanto para os cócteles con alcol como os que non o levan. En canto ós prezos tamén se manteñen: catro euros para as bebidas espitrituosas e tres os cócteles para tódolos públicos.
Os clientes poderán entrar en diferentes sorteos máis ou menos suculentos dependendo do número de sellos que acaden no seu Degustamapa: dende productos de merchandaising a estancias para dúas persoas en hoteis ou viaxes en barco pola Ría.
Toda a información sobre o DegustaDrink pode adquirise ben na Oficina de Turismo, nos establecementos particpantes ou a través da aplicación móbil para Android e iOs.
Redacción Salnés