O BNG rianxeiro pide a erradicación dos vertidos no Campo da Ponte

    bngrianxovertido.jpgRIANXO> Para os nacionalistas o problema vén provocado polos fallos que se dan no sistema de bombeo da actual rede de saneamento o que provoca frecuentes vertidos directos ó río Té.

    {flowplayer}barbanza/bngrianxovertido.flv{/flowplayer}

    Dende a formación frentista sinalan que os problemas de vertidos que se producen de xeito habitual nesta zona recreativa do Campo da Ponte veñen derivados do mal funcionamento da rede de saneamento municipal, deixando un tramo do río cheo de restos de celulosa, outros residuos orgánicos e os conseguintes cheiros.

    En máis dunha ocasión dende o BNG solicitóuselle ó executivo que lle demandara á empresa concesionaria do servizo de saneamento a instalación de avisadores automáticos que puxesen sobre aviso do problema, dando tempo a unha rápida actuación que evitase o vertido ó río. Mais polo de agora nada se fixo. Por esta razón os nacionalistas rianxeiros veñen de esixir novamente a adopción de medidas eficaces e definitivas para que este tipo de episodios non volvan acontecer, xunto a unha política máis agresiva e contundente contra o causante deste tipo de feitos.

    Estado de abandono

    Dende as filas da formación frentista fixeronse eco tamén do mal estado xeral e da falla de limpeza desta zona, xa que presenta un aspecto lamentable, con lixo sen recoller e con abundante maleza, situación que evidencia un estado de abandono considerable a pesar de que se trata segundo eles dunha zona moi visitada.

    Redacción Barbanza