O Arosa presentará ós seus equipos o sábado no Auditorio

arosa2 copia.jpgVILAGARCÍA> Os xogadores do primeiro equipo e os da base realizarán a súa posta de longo na Avenida da Mariña. Trala presentación dos catorce equipos federados darán comezo varias actuacións musicais que servirán para animar o acto. A directiva aproveitará o evento para recadar fondos e ampliar a carteira de socios.

{flowplayer}images/salnes/PRESENTACION AROSA.flv{/flowplayer}

A nova directiva non cesa no seu empeño de achegar o club á cidadanía vilagarciá a través de numerosos actos. Por primeira vez A Lomba non vai ser o escenario de presentación oficial dos equipos. Será na explanada do Auditorio a partir das nove da noite, cunha gala moi especial, na que non faltarán as actuacións musicais. Tanto os xogadores do primeiro equipo, como os da base, realizarán a súa posta de longo na Avenida da Mariña. Trala presentación e fotos oficiais dos catorce equipos federados cos que contará este ano a entidade, e os pertinenetes discursos de rigor ante os socios e afeccionados, darán comezo varias actuacións musicais que servirán para animar o acto. A directiva aproveitará esta atípica presentación para recaudar fondos, xa que disporá de varias barras de bar ó servizo de todos os asistentes ó concerto. Ademias, os dirixentes tamén ubicarán unha carpa, con toda a información para que os presentes poidan facerse socios do Arosa. Ó longo de todo o verán estamos vendo que a directiva arlequinada, está realizando actividades de captación de socios. A instalación dunha carpa na no centro de Vilagarcía, serviu para aumentar a masa social da entidade en máis de 800 afiliados. Un síntoma do respaldo da cidadanía e das institucións.

Redacción Salnés