O PSOE boirense propón a apertura do concello dúas tardes á semana

    BOIRO> A medida contribuiría a mellorar a calidade e produtividade dos servizos que se lle prestan ós veciños. De chegar a alcaldía o PSOE boirense, en aras da transparencia na xestión municipal, adoptaría unha serie de medidas que lle posibiliten ó cidadán de a pé poder acceder a determinada información de carácter municipal, de cara a xerar unha maior confianza nos veciños. Neste sentido os socialistas reclaman a publicación na web municipal dos orzamentos municipais e os acordos plenarios, ou mesmo a gravación en vídeo das sesións plenarias. En canto á eficiencia e racionalización dos servizos que se prestan no concello, o candidato socialista á alcaldía, propón tamén a apertura do concello dúas tardes á semana ou a creación dunha bolsa pública de empresas locais.