Ribeira non contará cun centro de saúde mental

    lagecentrosaudemental100.jpgRIBEIRA> O PSdeG volveu levar ó Parlamento a necesidade do centro saúde mental para Ribeira; iniciativa rexeitada polo PP.

    {flowplayer}barbanza/lagecentrosaudemental.flv{/flowplayer}

    O Partido Popular rexeitou a iniciativa dos socialistas a pesar da flexibilidade de financiamento  que propoñían, a través de varias achegas con carácter plurianual.

    Adxudicación

    O proxecto, impulsado no seu día polo anterior goberno bipartito da Xunta, e que contemplaba ademais do centro de saúde mental, outras instalacións para a unidade de asistencia a drogodependencias, chegou a ser adxudicado hai dous anos.

    Sen embargo, o actual goberno paralizou a actuación que non sairá adiante posto que consideran cuberta a asistencia a través dos actuais servizos

    Os socialistas, pola contra, consideran que debería darse cobertura a esta demanda, froito do consenso dos partidos, dos profesionais sanitarios e da sociedade en xeral.

    Redacción Barbanza