NOIA> A actividade vírase paralizada a consecuencia da pandemia. As inscricións xa están abertas podéndose realizar ata o primeiro de outubro.
Tras un tempo de agarda, debido á situación da pandemia, a concellería de Cultura noiesa decidiu retomar o programa ‘Musicalizando’. Ofertaranse clases de guitarra, instrumentos de vento, piano, música en movemento, coro, linguaxe e informática musical e, como novidade, folclore tradicional galego.
As inscricións xa están abertas podéndose realizar ata o vindeiro 1 de outubro.
O inicio das clases que se desenvolverán na aula de ensaio ou na casa de cultura Antón Avilés de Taramancos está previsto para o 18 de outubro.