Exitoso balance de vendas na cuarta edición da Feira de Noia Histórica

noiahistorica.jpgNOIA> A Feira de Oportunidades de Noia Histórica clausurou a súa cuarta edición con grande éxito de vendas.

{flowplayer}barbanza/balancefeiranoiahistorica.flv{/flowplayer}

A calor non foi impedimento para que ó redor de cinco mil persoas se achegaran durante esta fin de semana ó pavillón municipal de Noia. Alí, unha vintena de establecementos comerciais da vila instalaron os seus expositores con artigos en stock a prezos do máis interesante. Unha boa forma de incentivar as vendas ó tempo que se lle da saída ós produtos a fin de temporada.

O balance de vendas foi, en xeral, moi positivo e a maioría dos comerciantes valoraron a celebración da feira de forma satisfactoria.

Labor promocional

A celebración desta feira de oportunidades, ademais de favorecer as vendas entre o comercio local, é unha boa oportunidade para promocionar o labor que Noia Histórica desenvolve durante todo o ano.

As campañas promocionais van sempre encamiñadas a dar a coñecer as vantaxes do centro comercial aberto integrado no casco histórico da vila.

O éxito desta cuarta edición constitúe un aval de cara a próximos anos, cando previsiblemente a feira correrá a cargo dunha soa entidade integrada polas tres patronais que actualmente existen en Noia.

Redacción Barbanza