Residentes no Conchido piden dirección única nas rúas

    psoeconchido.jpgA POBRA> A agrupación local do PSOE faise eco desta petición por medio dunha moción. Ademáis piden máis presencia policial na zona.

    Para circular en automóbil polas rúas do barrio do Conchido hai que ter moita destreza ó volante. Ademáis do angosto do vial, sobre todo no tramo que vai dende o Campo ata o Rego, é preciso sortear os vehículos aparcados.

    {flowplayer}/barbanza/psoevecinosconchido.flv{/flowplayer}

    A todo isto súmase o feito de que a rúa é de dous sentidos. Por tal motivo, os veciños desta zona levan anos reclamando ó concello da Pobra unha única dirección, xa que así evitarán alomenos as molestias de ter que facer múltiples manobras cando se atopan de fronte dous coches.

    Tamén hai queixas pola velocidade á que circulan algúns vehículos poñendo en risco a seguridade dos peóns. Para evitar condutas inadecuadas, os residentes reclaman a presencia na zona da policia local. Por último piden a retirada dun poste de cemento do servizo eléctrico que atranca o paso de vehículos.

    Atendendo a estas peticións, a agrupación local do PSOE da Pobra presentou unha moción na que se recollen todas estas reclamacións veciñais.

    Redacción Barbanza