GALICIA> A Xunta de Galicia ampliará as zonas de extracción de mexilla ante a escaseza de semente. O director xeral de Pesca informou ós representantes do sector desta medida enmarcada dun plan a longo prazo para incrementar a produción de cría de mexillón.
O director xeral de Pesca trasladou os representantes das principais asociacións de produtores de mexillón a decisión da Xunta de ampliar en máis de 130 quilómetros superficie autorizada para a extracción de mexilla no litoral galego. Mar habilitará estas zonas de xeito inminente tano en espazos portuarios como nunha serie de áreas autorizadas en Aguiño, Baiona, Bueu, Cangas e O Grove.
Esta medida forma parte dun plan a longo prazo que contempla doce actuacións encamiñadas a paliar a escaseza de semente de mexillón. Está dotado con 2 millóns de euros e implicará unha decena de investigacións sobre o cultivo e fixación da mexilla en batea así como a súa produción en criadeiros.
Dende a Xunta emprazaron ós profesionais do sector a seguir colaborando co persoal técnico da administración para compartir coñecementos e poñelos ó servizo da mellora da produción que garanta o futuro dun dos sectores claves da economía galega.