A Pobra habilita un comedor sobre rodas para veciños en situación de vulnerabilidade

A POBRA> O concello da Pobra poñerá en marcha o servizo de comedor sobre rodas. O obxectivo é proporcionar comida quente a diario a uns vinte veciños en situación de dependencia ou en risco de exclusión social.

Esta iniciativa, impulsada pola concellería de Servizos Sociais, permitirá que as persoas que o precisen, ben por situación de dependencia ou outras circunstancias persoais, dispoñen dun menú diario a domicilio cociñado nese mesmo día.

O prezo de licitación dos menús é de 7,35 euros pero estarán bonificados en función da renda e doutros criterios de valoración. En principio, o servizo contará cunha vintena de usuarios  que disporán de menús elaborados por un nutricionista tendo en conta as necesidades persoais de cada un.

O servizo, que previsiblemente comezará a funcionar no mes de febreiro, está cofinanciado pola Deputación da Coruña no marco do POS Social.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí