A hostalería de Boiro e Rianxo propón unha campaña de bonos para paliar a crise no sector

BOIRO> A recentemente constituída Asociación de Hostalería de Boiro e Rianxo vén de presentar unha proposta nestes dous concellos coa que pretenden acadar unha serie de axudas para o sector. Dende a entidade entenden que as medidas establecidas ata o de agora polas distintas administracións son insuficientes e, na maioría dos casos, lentas. denuncian que hai moitos negocios que aínda non cobraron ningún tipo de achega.

Dende a Asociación Boiro-Rianxo Hostalería solicitan, coma medida máis efectiva para o sector, a posta en marcha dunha campaña de bonos para a súa utilización por parte da hostalería como desenvolveron noutras zonas do país

Propoñen ademais que a campaña se desenvolva no mes de maio e que se axilice o máximo o pago do importe dos bonos, evitando posibles demoras no seu abono, porque iría en prexuízo do propio sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí